Ocaso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
O [[crepúsculo]] que ocorre despois do solpor e coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).
O [[crepúsculo]] que ocorre despois do solpor e coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).


As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen '''ocaso''' nin '''orto'''. En relación ao Sol nas latitudes polares producese unha noite de seis meses e un día de outros seis, isto é, un orto e un ocaso cada ano.
As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen '''ocaso''' nin '''orto'''. En relación ao Sol nas latitudes polares producese unha noite de seis meses (don se ve o sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos [[equinoccio]]s (de primavera e outono), e o mediodia ou a medianoite coincide cos [[solsticio]]s de verán e inverno. Así, no polo norte o [[orto]] prodúcese co equinoccio de primavera, o [[mediodía]] co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a [[medianoite]] co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).


Co [[movemento anual|transcurso do ano]], o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos [[equinoccio]]s ponse polo [[oeste]], sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.
Co [[movemento anual|transcurso do ano]], o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos [[equinoccio]]s ponse polo [[oeste]], sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2012 ás 08:57

Solpor en Muxía
Diagrama do Sol ao solpor, mostrando os efectos da refracción atmosférica.
Esta imaxe mostra os continentes de África e Europa e a liña de penumbra, onde os seus habitantes verían a posta de Sol

Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentras que a aurora era a deusa do amencer.

Técnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.

O crepúsculo que ocorre despois do solpor e coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).

As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares producese unha noite de seis meses (don se ve o sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos equinoccios (de primavera e outono), e o mediodia ou a medianoite coincide cos solsticios de verán e inverno. Así, no polo norte o orto prodúcese co equinoccio de primavera, o mediodía co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a medianoite co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

Efectos da refracción atmosférica

A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol xa non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos o sol, cando está a 0,83º por embaixo do horizonte real cando o vemos poñerse ao solpor. Medido dende o mediodía local, o ocaso caracterízase polo ángulo horario Φ, onde:

sendo λ a latitude do lugar (do observador), e δ a declinación solar(nese intre). No orto acontece nun ángulo horario -Φ.

O termo crepúsculo vespertino é unha descrición verbal do mesmo fenómeno físico xusto despois da posta do sol, alongando a duración do día despois do solpor.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas