Ocaso: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
[[Ficheiro:Nightfall europe-and-afrika 20050507-184500.jpg|thumb|300px|Esta imaxe mostra os continentes de [[África]] e [[Europa]] e a liña de penumbra, onde os seus habitantes verían a posta de Sol]] |

Un [[astro]] está no '''ocaso''' cando atravesa o plano do [[horizonte]] pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa [[altura (astronomía)|altura]] é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do [[Sol]] chamase '''solpor''' e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é [[orto]]. |

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentras que a aurora era a deusa do amencer. |
|||
Técnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local. |

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2012 ás 09:24
Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.
Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentras que a aurora era a deusa do amencer.
Técnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.
O crepúsculo que ocorre despois do solpor e coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).
As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares producese unha noite de seis meses e un día de outros seis, isto é, un orto e un ocaso cada ano.
Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.
En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).
Efectos da refracción atmosférica
A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol xa non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos o sol, cando está a 0,83º por embaixo do horizonte real cando o vemos poñerse ao solpor. Medido dende o mediodía local, o ocaso caracterízase polo ángulo horario Φ, onde:
sendo λ a latitude do lugar, e δ a declinación solar. No orto acontece nun ángulo horario -Φ.
O termo crepúsculo vespertino é unha descrición verbal do mesmo fenómeno físico xusto despois da posta do sol, alongando a duración do día despois do solpor.