Composición musical: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: kk:Композитор |
m r2.7.1) (Bot: Modifico: kk:Сазгер |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[jbo:zgifi'i]] |
[[jbo:zgifi'i]] |
||
[[ka:კომპოზიტორი]] |
[[ka:კომპოზიტორი]] |
||
[[kk: |
[[kk:Сазгер]] |
||
[[ko:작곡가]] |
[[ko:작곡가]] |
||
[[kw:Composydh]] |
[[kw:Composydh]] |
Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2012 ás 06:36
Denomínase compositor a alguén que compón ou crea música.
Composición
O concepto de composición musical varía significativamente dentro dos disintos xéneros, xurdindo así novos ámbitos a ter en conta tales como os dereitos de autor ou as interpretacións individuais dunha particular peza de música, as reversións. Por exemplo, no desenvolvemento da música clásica, a función de compoñer música nos comezos non tivo a importancia que tiña a execución. Conservar as composicións individuais recibiu pouca atención, e os músicos xeralmente non tiñan reparos en modificar as súas obras para a execución. Co tempo, non obstante, a notación escrita do compositor chegou a dar instrucións moi estritas, que os executantes non deberían abandonar sen unha boa razón. Este criterio, por outra banda, podía cualificarse nalgúns casos como purista. Por iso, o papel do compositor foi facéndose cada vez máis importante, unido xeralmente ao seu prestixio como intérprete: no clasicismo foi adquirindo unha crecente importancia. Co romanticismo, o compositor tornou unha personaxe case mítica -case un gurú-; velaí o exemplo de Ludwig van Beethoven.
Acepcións
O termo compositor está así mesmo referido especificamente ao compositor na tradición occidental da música clásica, como tamén na música de cinema, de videoxogos e case calquera outra.