Proceso coracoide escapular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Caixadeóso | Nome = {{PAGENAME}} | Ficheiro = Gray203.png | Lenda = Gray205 left scapula lateral view.png | Ficheiro2 = | Lenda2 = | Lat..."
 
Silverfox (conversa | contribucións)
→‎Bibliografía: recategorizo
Liña 28: Liña 28:
* ''Gray. Anatomy of the human body'' {{es}}. Edición de 1918 de dominio público.
* ''Gray. Anatomy of the human body'' {{es}}. Edición de 1918 de dominio público.


[[Categoría: Esqueleto]]
[[Categoría: Escápula]]


[[en: Coracoid process]]
[[en: Coracoid process]]

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2011 ás 03:56

Proceso coracoide escapular
Gray205 left scapula lateral view.png
Latín processus coracoideus
Gray tema #50 203

O proceso coracoide da escápula é unha apófise da parte cranial deste óso. Proxéctase cara diante e serve para estabilizar o ombreiro.

Estrutura

É unha apófise curva, proxectada lateral e anteriormente, unida por unha base ao resto da escápula. A medida que curva, faise máis estreito. A dirección da apófise fai que teña unha porción vertical ou ascendente e unha horizontal. Pegado a porción vertical discorre o músculo subescapular.

A porción horizontal ten dúas superficies, unha superior e unha inferior. A superior é irregular, e serve para a inserción do músculo pectoral menor. Os bordos prestan inserción ao pectoral menor e ao ligamento coraco-clavicular.

O vértice da apófise permite a inserción cranial do músculo coraco-braquial e da porción curta do músculo bíceps braquial. Tamén permite a inserción da fascia coracoclavicular.

Na parte medial da base de implantación insírense o ligamento conoide e un pouco máis adiante e por fóra, o ligamento trapezoide. Na mesma base insírese o ligamento acromio-coracoideo. No bordo lateral da base insírese o ligamento coraco-umeral.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.