Área metropolitana: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: sco:Metropolitan aurie |
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Метрополійна територія |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[sv:Storstadsområde]] |
[[sv:Storstadsområde]] |
||
[[th:ปริมณฑล (ภูมิศาสตร์)]] |
[[th:ปริมณฑล (ภูมิศาสตร์)]] |
||
[[uk:Метрополійна територія]] |
|||
[[vi:Vùng đô thị]] |
[[vi:Vùng đô thị]] |
||
[[yi:מעטראפאליטען שטח]] |
[[yi:מעטראפאליטען שטח]] |
Revisión como estaba o 17 de decembro de 2011 ás 14:44
Unha área metropolitana é un grande centro poboacional que abrangue unha cidade central, que lle dá o nome á área, e a súa zona adxacente de influencia. Esta zona de influencia normalmente consiste nunha serie de cidades adxacentes, chamadas cidades satélites, que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais ou comerciais. A área metropolitana organizase de maneira centralizada en torno a cidade central.
Definición e características
O concepto de área metropolitana fai referencia a unha aglomeración urbana, xeralmente unha grande cidade central, combinada cunha periferia non necesariamente urbana que se acha dentro da zona de influencia, xeralmente cidades satélites e/ou suburbios, e que constitúen un grande centro poboacional.
Varias son as características que definen a área metropolitana e a relación entre ambas zonas.
- A rexión metropolitana non precisa estar obrigatoriamenta formada por unha única zona contigua urbanizada, podéndose designar como rexión metropolitana, unha rexión con dúas ou más áreas urbanizadas intercaladas con áreas rurais.
- A rexión metropolitana posúe un alto grau de integración entre as áreas mantendo una organización centralizada en torno a cidade central.
- A rexión metropolitana está definida polas correspondentes administracións. E,
- A rexión metropolitana constitúese como un grande centro de poboación de grande densidade.