Arte prerrománica: Diferenzas entre revisións
{{galeguizar}} |
→Véxase tamén: outros artigos |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
===Outros artigos=== |
|||
*[[Arquitectura prerrománica en Galicia]] |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.arssummum.com/ Ars Summum: galería libre de imaxes sobre toda la Historia del Arte] |
* [http://www.arssummum.com/ Ars Summum: galería libre de imaxes sobre toda la Historia del Arte] |
Revisión como estaba o 6 de decembro de 2011 ás 02:07
A arte prerrománica é a que se desenvolveu en Europa Occidental entre a época carolinxia ata a aparición da arte románica. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico romano e a arte románica.
Historia
Carlomagno conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara a unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de Deus e unha viraxe cara a arte clásica a través da arte paleocristiá e a arte bizantina. O programa cultural carolinxio contou coa contribución fundamental da orde bieita que creou grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sala capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.
Xa que logo, o termo prerrománico aplicaríase a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e principios do século XI (expansión do románico). Aplicaríase a formas como a arte ostrogoda, longobarda, carolinxia ou a otoniana. Estivo representada na Península Ibérica pola Arte visigoda, a Arte asturiana[Cómpre referencia], a Arte mozárabe e a Arte de repoboación. En Cataluña, e con anterioridade á románica propiamente dita, aparece unha arquitectura que pode considerarse a súa antecesora nas formas e nas técnicas e que, para diferenciala da prerrománica, foi denominada seguindo as suxestións de Puig i Cadafalch "primeiro románico".
Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte merovinxia, con preferencia polo arco de medio punto sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e a cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a bóveda de canón.