Hixiene: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Хигијена
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:위생
Liña 42: Liña 42:
[[kk:Гигиена және эпидемиология ғылыми-зерттеу орталығы]]
[[kk:Гигиена және эпидемиология ғылыми-зерттеу орталығы]]
[[kn:ಆರೋಗ್ಯಶಾಸ್ತ್ರ (Hygiene)]]
[[kn:ಆರೋಗ್ಯಶಾಸ್ತ್ರ (Hygiene)]]
[[ko:위생]]
[[la:Sanitatis cura]]
[[la:Sanitatis cura]]
[[nl:Hygiëne]]
[[nl:Hygiëne]]

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2011 ás 05:41

Lavado de mans con auga e xabrón

A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que deben aplicar os individuos para o control dos factores que exercen ou poden exercer efectos nocivos sobre a súa saúde. A hixiene persoal é o concepto básico do aseo, limpeza e coidado do noso corpo.

Os seus obxectivos son mellorar a saúde, conservala e previr as enfermidades.

Conceptos

Enténdese como hixiene:

  • 1. Limpeza, aseo de lugares ou persoas.
  • 2. Hábitos que favorecen a saúde.
  • 3. Parte da medicina, orientada a favorecer hábitos saudables, en prevención de enfermidades.
  • 4. Recoñecemento, avaliación e control de aqueles factores e tensións ambientais que xorden no lugar de traballo e que poden provocar enfermidades, quebrantos de saúde, quebrantos de benestar, incomodidade e ineficacia dos traballadores e os cidadáns.
  • 5. A hixiene persoal é a parte da medicina que trata dos medios en que o home debe vivir e da forma de modificalos no sentido máis favorábel para o seu desenvolvemento.