Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Modificado: fr:Organisme multicellulaire |
m r2.7.1) (Bot: Modifico: id:Organisme multiselular |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
[[hr:Višestanični organizmi]] |
[[hr:Višestanični organizmi]] |
||
[[hu:Többsejtű élőlény]] |
[[hu:Többsejtű élőlény]] |
||
[[id: |
[[id:Organisme multiselular]] |
||
[[it:Organismo pluricellulare]] |
[[it:Organismo pluricellulare]] |
||
[[ja:多細胞生物]] |
[[ja:多細胞生物]] |
Revisión como estaba o 17 de novembro de 2011 ás 08:10
Un organismo pluricelular (das formas do latín plures, plura, plurium que significan "varios", "moitos"; e cellula, diminutivo tamén latino de cella, "celda", "cuarto pequeno") é aquel organismo que está constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protozoos e bacterias, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como a myxobacteria, atópanse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.
Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a anatomía.
Os organismos pluricelulares poden sufrir de cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.