Vallecas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nl:Vallecas
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ca:Vallecas
Liña 17: Liña 17:
[[Categoría:Cidades da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Cidades da Comunidade de Madrid]]


[[ca:Vallecas]]
[[en:Vallecas]]
[[en:Vallecas]]
[[es:Vallecas]]
[[es:Vallecas]]

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2011 ás 21:42

Vallecas, barrio obreiro de Madrid, situado no Sueste. Ten 300.000 habitantes. Colleu grande sona na loita contra a ditadura franquista e era coñecido como a pequena Rusia. Figuras importantes desa loita foron o Padre LLanos e o cantautor Luis Pastor.

Os seus habitantes senten un forte orgullo por ter nacido no barrio. Ten un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano, que durante varios anos participou na primeira división e no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.

Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.

O nome do barrio é frecuentemente escrito con "k" polos seus habitantes: "Vallekas".

No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no bairro durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".

A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".

A Asemblea de Madrid tamén está situada no bairro de Vallecas na zona de San Diego.

Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.