Revolución Francesa de 1848: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: da:Februarrevolutionen (Frankrig); cambios estética |
m r2.7.1) (bot Engadido: uk:Революція 1848 року у Франції |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[sr:Револуције 1848. у Француској]] |
[[sr:Револуције 1848. у Француској]] |
||
[[sv:Februarirevolutionen 1848]] |
[[sv:Februarirevolutionen 1848]] |
||
[[uk:Революція 1848 року у Франції]] |
|||
[[zh:法國二月革命]] |
[[zh:法國二月革命]] |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2011 ás 14:41
A Revolución de 1848 puxo fin á monarquía xurdida da Revolución de 1830, a cal foi substituída pola Segunda República Francesa (1848-1852) coñecida como a república social e democrática que estableceu o sufraxio universal masculino e aboliu a escravitude.
Contexto
Ata 1848 os traballadores tan só apareceran politicamente como acompañantes do movemento burgués pero os obreiros eran cada volta máis numerosos nas grandes cidades e pouco a pouco foron tomando conciencia da súa propia clase e na revolución que estopou en Francia en 1848 van xogar un papel importante.
Orixe
A orixe da Revolución de 1848 está no desenlace da revolución de 1830 que deixou satisfeita á alta burguesía pero non á clase media que aspiraba ao sufraxio universal e aos traballadores que non se beneficiaran de ningunha maneira. Ademais no transcurso do reinado de Luís Filipe as liberdades políticas fóronse recortando e permmitiuse unha gran corrupción política. Agravándose a situación a partir de 1845 a causa dunha crise económica que afectou a toda Europa, nun principio de cariz agrícola acabou por afectar á industria, pechando fábricas.
Revolución
O 21 de febreiro de 1848 realizouse en París unha gran manifestación na que participaron obreiros, estudantes e membros da clase media. Pese ás ordes recibidas a policía negouse a disparar e Luís Filipe viuse na obriga de abicar dous días despois proclamándose a República, no goberno provisorio que se constituíu formaban parte obreiros por vez primeira na historia debido á alianza entre a clase media e a traballadora. Supuxo o triunfo do estado democrático fronte ao estado liberal. Nos meses seguintes a revolución extendeuse por outras cidades europeas. Pero a alianza entre as clases medias e os traballadores durou pouco xa que estes procuraban fondas reformas sociais que a clase media non estaba disposta a conceder.