Aida (ópera): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hy:Աիդա (օպերա) |
m r2.6.1) (Bot: Engado: mn:Аида |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[ko:아이다]] |
[[ko:아이다]] |
||
[[la:Aida]] |
[[la:Aida]] |
||
[[mn:Аида]] |
|||
[[ms:Aida]] |
[[ms:Aida]] |
||
[[nl:Aida (Verdi)]] |
[[nl:Aida (Verdi)]] |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2011 ás 22:54
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aida.
Aida é unha ópera en catro actos do italiano Giuseppe Verdi. Estreouse na Ópera do Cairo o 24 de decembro de 1871 co gallo da inauguración do Canal de Suez.
Características
O libreto escribiuno Antonio Ghislanzoni partindo da obra de Auguste Mariette. Está ambientada en Menfis e en Tebas na época dos faraóns. Os principais personaxes son: faraón de Exipto (baixo), a súa filla Amneris (mezzosoprano), Aída, a escrava filla do rei etíope Amonastro (soprano), Radamés, xeneral exipcio (tenor), Ramphis, sumo sacerdote (baixo), Amonastro, rei de Etiopía e pai de Aída (barítono). É unha ópera da etapa final de Verdi, na que as diferenzas entre recitativos e arias vanse diluíndo, o que dalgún xeito o aproximará a Wagner.