Lisa Kudrow: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ca:Lisa Kudrow |
m r2.7.1) (bot Engadido: ko:리사 쿠드로 |
||
Liña 167: | Liña 167: | ||
[[it:Lisa Kudrow]] |
[[it:Lisa Kudrow]] |
||
[[ja:リサ・クドロー]] |
[[ja:リサ・クドロー]] |
||
[[ko:리사 쿠드로]] |
|||
[[lt:Lisa Kudrow]] |
[[lt:Lisa Kudrow]] |
||
[[nl:Lisa Kudrow]] |
[[nl:Lisa Kudrow]] |
Revisión como estaba o 28 de maio de 2011 ás 13:05
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
Lisa Marie Diane Kudrow, nada o 30 de xullo de 1963, é unha actriz estadounidense gañadora dun premio Emmy, e coñecida principalmente por interpretar a Phoebe na comedia de situación "Friends".
Traxectoria
Primeiros anos
Kudrow naceu en Encino, California. É a filla menor dun matrimonio xudeu formado por Lee (médico) e Nedra Kudrow (axente de viaxes), e ten unha irmá (Helena Sherman) e dous irmáns (David e Derrick). Asistiu á secundaria Portola en Tarzana, California e graduouse no Vassar College na especialidade de Bioloxía. Fala fluidamente o idioma francés.
Carreira
Iniciou a súa carreira como comediante sendo membro de The Groundlings. Presentouse á audición para o programa "Saturday Night Live" en 1990, pero o programa elixiu a Julia Sweney. Foi contratada para o papel de Roz na serie de televisión "Frasier", pero foi despedida durante a filmación do episodio piloto. O seu primeiro papel importante na televisión foi o de Ursula Buffay, a excéntrica camareira da serie "Toliño por ti"(Mad About You). Esta interpretación levouna ao seu papel protagonista en "Friends", como a irmá xemelga de Úrsula, Phoebe Buffay, un papel polo que gañou un Premio Emmy en 1998 na categoría de Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia. Do elenco da serie, ela foi a protagonista que máis candidaturas conseguíu nestes premios (6). Ela e Jennifer Aniston foron as únicas que gañaron este premio.
Participou en filmes como: "Romy e Michele", "O oposto ao sexo", "Colgadas", "Marci X", "Unha terapia perigosa" e a súa secuela "Outra terapia perigosa ¡Recaída total!". Tamén protagonizou o filme biográfico "Wonderland", película que relata a vida da estrela porno John Holmes.
Kudrow personificou a Valerie Cherish, a personaxe principal na serie orixinal da HBO, "The Comeback". A serie estreouse na HBO o 5 de xuño de 2005. Ademais foi co-creadora, escritora e produtora executiva da serie. O show non foi renovado para outra tempada.
No ano 2007 co-protagonizou o filme "P.S.,I Love You", xunto con Hilary Swank e Gina Gershon, a película estreouse en Estados Unidos en Decembro dese mesmo ano.
Ese mesmo ano protagonizou a comedia ácida, Kabluey dirixida por Scott Prendergast, unha película independente, que recibiu moi boas críticas, sobre todo para Lisa, varios críticos coincidiron que con esta película, Kudrow demostra, unha vez máis, que é a mellor intérprete dos ex Friends.
Actualmente rodou unha serie de quince episodios que se emite en Internet, chamada "Web Therapy", onde interpreta a Fiona, unha psicóloga que pasa consulta a través de Internet. Ademais da protagonista, é tamén produtora e guionista da serie. En 2008 participou na película Hotel para perros.
Vida persoal
Dende 1995, Kudrow está casada con Michel Stern, nado en Francia, a quen coñeceu cando este visitaba o SET de "Friends". Teñen un fillo xuntos, Julian Murray (nado o 7 de maio de 1998). Rumoreábase que perdera a súa virxindade na súa noite de vodas, ós 31 anos, pero en entrevistas dixo que foi ós 20 anos.
Tamén mantivo unha relación co presentador do late night Conan O'Brien durante un curto período a finais dos anos 80.
Premios e nominacións
- 1996 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie, miniserie ou telefilme, "Friends" - Nominada
- 1995 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 1997 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 1998 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Gañadora).
- 1999 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2000 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2001 - Mellor Actriz de Reparto nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2006 - Mellor Actriz Principal nunha Serie de Comedia, "The Comeback" - (Nominada).
Premios del Sindicato de Actores
- 1996 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 1999 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 1999 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2000 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Gañadora).
- 2000 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2001 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2002 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2003 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2004 - Mellor Interpretación dunha Actriz nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 2004 - Mellor elenco nunha Serie de Comedia, "Friends" - (Nominada).
- 1996 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, "Friends" - (Nominada).
- 1999 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, "Friends" - (Nominada).
- 1999 - Actriz invitada máis divertida nunha Serie de Televisión, "Mad About You" - (Nominada).
- 1999 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Película, "O oposto ao sexo" - (Nominada).
- 2000 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, "Friends" - (Gañadora).
- 2000 - Actriz máis divertida en un Especial de Televisión (Principal o de Reparto), "1999 MTV Movie Awards" - (Nominada).
- 2000 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Película "Unha terapia perigosa" - (Nominada).
- 2001 - Actriz de Reparto máis divertida nunha Serie de Televisión, "Friends" - (Nominada).
Premios Blockbuster Entertainment
- 2000 - Actriz Favorita de Reparto, Comedia. "Unha terapia perigosa" - (Gañadora).
Premios da Asociación de Críticos de Cine de Chicago
- 1999 - Mellor Actriz de Reparto "O oposto ao sexo" - (Nominada).
- 1999 - Mellor Actriz de Reparto "O oposto ao sexo" - (Gañadora).
- 2006 - Mellor Protagonista Feminino nunha Serie de Comedia "The Comeback" - (Gañadora).
- 1999 - Mellor Secundario Feminino "O oposto ao sexo" - (Nominada).
- 2000 - Mellores Amigos da Televisión (compartido con Jennifer Aniston e Courteney Cox-Arquette) "Friends" - (Nominadas).
- 1998 - Mellor Secuencia de Baile (compartido con Mira Sorvino e Alan Cumming) "Romy e Michele" - (Nominados).
Premios del Círculo de Críticos de Cine de Nueva York.
- 1998 - Mellor Actriz de Reparto "O oposto ao sexo" - (Gañadora).
Premios da Sociedade de Críticos de Cine Online.
- 1999 - Mellor Actriz de Reparto "O oposto ao sexo" - (Nominada).
- 1998 - Mellor Interpretación Feminina nunha Película, Comedia o Musical "Romy e Michele" - (Nominada).
- 2001 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia "Friends" - (Gañadora).
- 2002 - Mellor Interpretación Feminina nunha Serie de Comedia "Friends" - (Nominada).
- 2006 - Mellor Actriz nunha Serie de Comedia "The Comeback" - (Nominada).
- 2008 - Mellor Actriz - Comedia Musical "Kabluey" - (Nominada).
- 2000 - Actriz Cómica Favorita "Friends" - (Nominada).
- 2000 - Elección do Editor (compartido cos seus compañeiros de Friends, Jane Sibbet e John Cristopher Allen).
- 1999 - Actriz de Moda, Cine "O oposto ao sexo" - (Nominada).
- 2000 - Actriz de Moda, Cine "Colgadas" - (Gañadora).
- 2002 - Actriz de Comedia, Televisión "Friends" - (Nominada).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Breve Biografía (en castelán)
- Lisa Kudrow na IMDb (en inglés).