Wikipedia:Guía/Rexistro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toliño (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2011 ás 19:26

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

O rexistro dun nome de usuario é opcional, pero animámoste a facelo.

Calquera persoa pode contribuír na Wikipedia, e pode elixir se rexistrarse ou non. Porén, se posúes un nome de usuario rexistrado poderás acceder a máis funcionalidades do wiki. Estes son algúns dos motivos:

Ao crear unha conta de usuario terás máis opcións de edición, ademais de preferencias de usuario. Unha característica práctica é a lista de vixilancia, que fai máis doado o seguimento dos cambios feitos en páxinas que che interesan. Outra é a capacidade de mover ou renomear unha páxina (non movas páxinas copiando e pegando os contidos dado que o historial de revisións non se conservará; no canto diso, pide a axuda doutro usuario na Taberna).

Un usuario non rexistrado identifícase polo enderezo IP do seu computador, sendo este o identificador público que se gardará se realiza algunha contribución (e ao asinar os comentarios). O teu enderezo IP pódese usar para atopar información sobre ti, polo que o rexistro incrementa a protección dos teus datos persoais, agochándoos. Ademais, debido a que os enderezos IP cambian a miúdo, os usuarios non rexistrados téñeno máis difícil para gañar respecto e recoñecemento por parte dos demais usuarios. Isto implica unha maior dificultade para continuar conversas con eles xa que tamén varía a súa páxina de conversa.

Finalmente, só os usuarios rexistrados poden converterse en administradores. Se te rexistras, non esquezas o teu contrasinal ou o teu nome de usuario. Se es propenso a esquecer cousas deste tipo, asegúrate de inserir o teu enderezo de correo electrónico e confirmalo ao crear a conta para poderes solicitar un contrasinal novo se esqueces o teu actual.

Olla Wikipedia:Como rexistrarse para obter máis información.


Como rexistrarse

Para te rexistrares fai clic na ligazón de enriba ou preme sobre a ligazón "Rexistro" que hai no canto superior dereito de calquera páxina. Ten en conta que non poderás cambiar (facilmente) o teu nome de usuario unha vez que escollas un, así que elixe a eito!

Remata a guía cunha revisión e máis información