Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Tácito movida a Tácito, Emperador: Conflito de homónimos.
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 1: Liña 1:
== Tácito ==

'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]].
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]].



Revisión como estaba o 4 de agosto de 2006 ás 19:18

Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.

Ó morrer Aureliano, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.

Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M.Annius Florianus, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, a Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, que vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.