Con saias e a rachar: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: tl:Some Like It Hot |
m bot Engadido: sh:Some Like It Hot |
||
Liña 68: | Liña 68: | ||
[[pt:Quanto mais Quente Melhor]] |
[[pt:Quanto mais Quente Melhor]] |
||
[[ru:В джазе только девушки]] |
[[ru:В джазе только девушки]] |
||
[[sh:Some Like It Hot]] |
|||
[[simple:Some Like It Hot]] |
[[simple:Some Like It Hot]] |
||
[[sv:I hetaste laget]] |
[[sv:I hetaste laget]] |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2010 ás 08:16
Modelo:FichaFilme Con saias e a rachar (orixinalmente en inglésSome Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.
Sinopse
Dous músicos, Joe e Jerry, presencian a Masacre de San Valentín en Chicago en 1929, feita pola Mafia. Son perseguidos polos gánsteres, que queren desfacerse destas incómodas testemuñas e ao non ter diñeiro e para fuxir de Chicago, disfrázanse de mulleres e ingresan nunha banda de mozas, pasando a chamarse Josephine e Daphne. A banda diríxese a Florida. Joe e Jerry namóranse da cantante e intérprete de ukelele, Sugar, e compiten por chamar a súa atención, á vez que loitan por que non se descubra que son homes. En Florida, o millonario Osgood namórase de Daphne/Jerry, mentres Joe adopta unha dobre personalidade masculina/feminina e vístese imitando a Cary Grant, finxe ser millonario para conquistar a Sugar. A Mafia chega a Miami finalmente e descobre ás testemuñas.
Curiosidades
- Durante a rodaxe, dise que Marilyn Monroe tivo serios problemas para recordar o seu texto. Había que ir colocando o seu texto por distintos lugares do estudo. Marilyn Monroe estaba embarazada durante a filmación.
- Di a lenda que Tony Curtis dixo que "bicar a Marilyn Monroe é como bicar a Hitler". En 2001, negou habelo dito nunca.
- A película contén "homenaxes" a diversas películas de gánsteres dos anos 1930 e unha serie de "ironías" acerca da vida e cultura estadounidense en 1929: divorcios de famosos, a seguridade da bolsa (ese mesmo ano derrúbase) e a morte de Valentino.
Premios
Gañou un Oscar por Mellor vestiario en branco e negro (Orry-Kelly) e foi nomeada para Mellor actor (Jack Lemmon), Mellor dirección de arte-set branco e negro, Mellor fotografía en branco e negro, Mellor director e mellor guión.
A película foi aclamada mundialmente como unha das mellores comedias xamais feitas (n.º 1 na Lista das grandes comedias da American Filme Institute e 14.º na Lista das 100 mellores películas americanas). A película foi considerada de "significado cultural" pola Biblioteca do Congreso de Wáshington e seleccionada para a súa preservación na National Filme Registry.
Frases famosas
- Jerry (como Daphne): ¡Xa o fixeches! / Joe (como Josephine): Fixen que?? / Jerry (como Daphne): ¡Arrincaches un dos meus peitos!
- Sugar: ¡Verdadeiros diamantes! ¡Deben valer o seu peso en ouro!
- Jerry (como Daphne): ¡Non me comprendes Osgood! Aaah... ¡Son un home!" / Osgood: "Bo, ninguén é perfecto.
- Sugar: É a historia da miña vida, sempre me toca o lado sucio da paleta.
- Sugar: Como? Non importa onde vaia, sempre haberá unha estación Shell en cada esquina.