Lingüística cognitiva: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
xenerativistas->xerativistas e vínculos xenerativismo->xerativo; transformacionalismo->xerativo-transformacional
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


[[category:lingüistas e escolas lingüísticas]]
[[category:lingüistas e escolas lingüísticas]]
[[en:Cognitive linguistics]]
[[es:Lingüistica cognitiva]]

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2006 ás 06:57

A perspectiva cognitiva xurde recentemente na década da década de 1980 coma resposta ó descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente ó individuo e as súas habilidades cognitivas. Isto obrigoulles a romper coa tradición tranformacionalista e propor uns postulados básicos distintos en 1987, por parte de Johnson, Lakoff e Langacker. Inda así, non é o primeiro intento de integrar esta perspectiva extralingüística (psicolóxica, antropolóxica, neurolóxica, etc.) na lingüística, senón que xa unha década antes houbo intentos multidisciplinares de abordar estas áreas conxuntamente. Estas colaboracións fomentaron o xurdimento da lingüística cognitiva fronte á xenerativista autonomía da linguaxe, defendendo unha relación entre linguaxe e outros aspectos cognitivos e perceptivos. As dúas capacidade cognitivas principais dos que bota man a linguaxe son a categorización e os procesos de metáfora-metonimia.