Ocaso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: fa:غروب
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Apus
Liña 55: Liña 55:
[[pt:Pôr-do-sol]]
[[pt:Pôr-do-sol]]
[[qu:Inti yaykuy]]
[[qu:Inti yaykuy]]
[[ro:Apus]]
[[ru:Закат]]
[[ru:Закат]]
[[scn:Scurata]]
[[scn:Scurata]]

Revisión como estaba o 12 de setembro de 2010 ás 11:11

Solpor en Muxía
Esta imaxe mostra os continentes de África e Europa e a liña de penumbra, onde os seus habitantes verían a posta de Sol

Un astro e, en particular, o Sol, está no ocaso ou solpor cando atravesa o plano do horizonte e pasa do noso hemisferio visible ao non visible, é dicir, cando a súa altura é cero, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol, iso determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto (ou alba).

As estrelas circumpolares non teñen ocaso nin orto.

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

A refracción pola atmosfera dos raios luminosos do Sol motiva que vexamos luz cando o Sol xa se puxo: crepúsculo vespertino. Dita refracción alonga o día e acurta a noite.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas