Escudo do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 10: | Liña 10: | ||
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso ''Galyce'' (Galiza) e ''Calice'' (Cálice) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]], asignandolle ao "rei de Galiza" as armas dun cálice ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais [[Europa|europeos]] comezaron a asignar o cálice como emblema do reino. |
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso ''Galyce'' (Galiza) e ''Calice'' (Cálice) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]], asignandolle ao "rei de Galiza" as armas dun cálice ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais [[Europa|europeos]] comezaron a asignar o cálice como emblema do reino. |
||
Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Extremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino. |
|||
==Adopción das armas no reino de Galiza== |
==Adopción das armas no reino de Galiza== |
Revisión como estaba o 11 de setembro de 2010 ás 11:48
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xandrwijk (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 13 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O escudo do reino de Galiza foi un escudo de representación variable ó longo dos séculos, que representaba ó reino de Galiza.
Orixe anglonormanda
Durante os séculos XII e XIII, o desenvolvimento das armas reais por toda Europa e a adopción de símbolos para familias nobres e dominios patrimoniais como reinos, ducados e condados, conlevou a creación de armoriais; rexistros das armas que representaban aos reis da época. No caso do reino de Galiza sen embargo, aconteceu o curioso feito de que cando a moda dos armoriais comezou a espallarse por Europa (finais do século XIII), o reino de Galiza xa non era independente, e carecía de rei propio, pois desde o ano 1230, o rei castelán Fernando III usurpara a coroa de Galiza e León, ás súas medias irmás,
Esta circunstancia política tería explicado a posible ausencia das armas de Galiza (o legio fortis ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, sen embargo a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial inglés coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano 1282, asignara unhas armas figurativas ao rei de Galiza -roy de Galyce- que non obstante non eran empregadas por rei algún, xa que Galiza deixara de posuir reis propios dende había 50 anos.
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso Galyce (Galiza) e Calice (Cálice) que se dá na lingua anglonormanda, asignandolle ao "rei de Galiza" as armas dun cálice ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais europeos comezaron a asignar o cálice como emblema do reino.
Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Extremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino.