Dobraxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m Unha ligazón externa con apuntamentos que creo que son moi interesantes para coñecer o que é a dobraxe, sobre todo en galego.
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''dobraxe''' é unha técnica audiovisual aplicada a produtos [[cine|cinematográficos]] e [[televisión|televisivos]], consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun [[idioma]] por outros diálogos idénticos (de aí que haxa unha boa tradución e un bo "axuste" para a sincronía) noutro idioma. Os [[actor de dobraxe|actores de dobraxe]] tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.
A '''dobraxe''' é unha técnica audiovisual aplicada a produtos [[cine|cinematográficos]] e [[televisión|televisivos]], consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun [[idioma]] por outros diálogos idénticos (de aí que sexa precisa unha boa [[tradución]] e un bo "axuste" para a sincronía) noutro idioma. Os [[actor de dobraxe|actores de dobraxe]] tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.


Tamén se utiliza a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de [[voz]], en cancións etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.
Tamén se utiliza a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de [[voz]], en cancións etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2010 ás 11:56

A dobraxe é unha técnica audiovisual aplicada a produtos cinematográficos e televisivos, consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun idioma por outros diálogos idénticos (de aí que sexa precisa unha boa tradución e un bo "axuste" para a sincronía) noutro idioma. Os actores de dobraxe tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.

Tamén se utiliza a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de voz, en cancións etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.

Para proporcionar naturalidade ós diálogos dobrados, utilízase unha técnica denominada axuste, que procura manter a lonxitude das frases e facer coincidir determinados fonemas, especialmente os correspondentes ás letras labiais e oclusivas, cos do texto orixinal.

A dobraxe máis común é o dos filmes, e de series de televisión (sobre todo as producións de Hollywood e mailos animes xaponeses que foron distribuídas internacionalmente). Os filmes en lingua estranxeira dóbranse na lingua local dos seus mercados para facelas máis accesibles ás audiencias que non están afeitas ós subtítulos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

I Congreso de Tradución para a dobraxe: Galiza, País Vasco e Cataluña