Ástures: Diferenzas entre revisións
corrixo |
m bot Engadido: bg:Астури |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[ast:Astures]] |
[[ast:Astures]] |
||
[[bg:Астури]] |
|||
[[ca:Àsturs]] |
[[ca:Àsturs]] |
||
[[en:Astures]] |
[[en:Astures]] |
Revisión como estaba o 20 de agosto de 2010 ás 12:45
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Os Ástures eran un pobo da Antigüidade que habitaba o Norte da Península Ibérica. A filiación lingüística permanece aínda na hi, aínda que se verifique a presenza de termos relacionados co grupo céltico indoeuropeo.
O seu territorio comprendía aproximadamente as actuais provincias de León, Zamora, a maior parte de Asturias, así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de Lugo e Ourense. Considérase que a orixe e formación desta cultura está radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono - de orixe descoñecida - coa chegada dun grupo poboacional da zona centro-europea. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase meramente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o século I a.C..
Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración cerámicas da Idade do Ferro, que denotan particularidades comarcais.
Coa súa integración do Imperio romano, o termo "ástur" pasou a definir aos habitantes da provincia de Asturias, e máis tarde dentro da provincia da Gallaecia, aos habitantes do Convento xurídico asturicense. Xa na Idade Media acabaría por definir unicamente ás comunidades que vivían entre a Cordilleira Cantábrica e o Mar Cantábrico, tendo por limite occidental o río Navia e oriental o Deva, se ben o termo ástur tamén acabaría integrando a toda Cantabria, chamada durante séculos "Asturias de Santillana".