Administración pública: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: id:Administrasi publik |
m bot Engadido: fi, sv, ta, vi |
||
Liña 67: | Liña 67: | ||
[[es:Administración pública]] |
[[es:Administración pública]] |
||
[[et:Avalik haldus]] |
[[et:Avalik haldus]] |
||
[[fi:Hallintotiede]] |
|||
[[fr:Administration publique]] |
[[fr:Administration publique]] |
||
[[fur:Publiche ministrazion]] |
[[fur:Publiche ministrazion]] |
||
Liña 82: | Liña 83: | ||
[[ru:Государственное управление]] |
[[ru:Государственное управление]] |
||
[[simple:Public administration]] |
[[simple:Public administration]] |
||
[[sv:Offentlig förvaltning]] |
|||
[[ta:பொது நிர்வாகம்]] |
|||
[[th:การบริหารรัฐกิจ]] |
[[th:การบริหารรัฐกิจ]] |
||
[[tr:Kamu yönetimi]] |
[[tr:Kamu yönetimi]] |
||
[[uk:Державне управління]] |
[[uk:Державне управління]] |
||
[[vi:Hành chính công]] |
|||
[[zh:公共行政]] |
[[zh:公共行政]] |
Revisión como estaba o 11 de agosto de 2010 ás 07:18
Por Administración Pública, xeralmente, enténdese á organización integrada por un personal especializado, dotada de medios económicos e materiais públicos que pon en práctica as decisións tomadas polo goberno. Componse de todo o que a fai efectiva: funcionarios e edificios públicos, entre outros. Pola súa función, é o enlace entre a cidadanía e o poder político. Con todo, non só existe Administración Pública no Poder Executivo, senón en gran parte do Estado e ata en entes privados que desempeñan funcións administrativas por habilitación do Estado, coma os colexios profesionais. Do latín "ad-ministrare", que significa servir, ou de "ad manus traher" que alude á idea de manexar ou xestionar.
No entanto, o concepto de Administración Pública pode ser entendido desde dous puntos de vista.
- Desde un punto de vista formal, enténdese á entidade que administra, ou sexa, ao organismo público que recibiu normativamente a competencia e os medios necesarios para a satisfacción dos intereses xerais.
- Desde un punto de vista material, enténdese máis ben a actividade administrativa, ou sexa, a actividade deste organismo considerado nos seus problemas de xestión e de existencia propia, tanto nas súas relacións con outros organismos semellantes como cos particulares para asegurar a execución da súa misión.
Tamén se pode entender como a disciplina encargada do manexo científico dos recursos e da dirección do traballo humano enfocada á satisfacción do interese público, entendendo este ultimo como as espectativas da colectividade.
Elementos
- medios persoais ou persoas físicas - medios económicos, (tributos) - organización, ordenación racional dos medios - fins - actuación, que ha de ser licita, dentro dunhas competencia do órgano actuante. Xuridicamente, o concepto de Administración pública úsase máis frecuentemente en sentido formal, referíndose a un organismo complexo e múltiple -sen prexuízo da súa unidade- que realiza unha actividade do Estado. Neste sentido, se dicimos "responsabilidade da Administración" quérese significar que o acto ou feito da Administración é o que responsabiliza ao Estado (ou comunidade autónoma, administración local, etc.
Prerrogativas da Administración
A Administración posúe unha serie de prerrogativas que a colocan nunha posición superior á do administrado. A xustificación é que a Administración defende os intereses xerais, emntres que o particular defende os intereses particulares ou propios de seu.
Entre as devanditas prerrogativas destacan:
- A interpretación unilateral dos contratos que asine cos particulares para a xestión indirecta das funcións administrativas (obras, suministros, etc.)
- A executividade dos actos administrativos (por exemplo, o cobro de multas polo procedemento de prema). É dicir, os actos da administración deben cumprirse, son obrigatorios
- O principio de autotutela: a administración está autorizada para impoñer unilateralmente as súas decisións aos particulares.
- O sometemento a unha xurisdición especializada, a xurisdición contencioso administrativa.
A administración pública en España
Segundo o artigo 103 da Constitución, a Administración Pública de España serve con obxectividade aos intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito.
A nivel territorial, a Constitución de 1978 divide a Administración pública en tres niveis como consecuencia da definición de estado fortemente descentralizado:
- Administración Xeral do Estado: é a administración central de todo o Estado Español (artigos 97 e seguintes da CE) encargada de levar á práctica o programa do Goberno e de satisfacer os intereses xerais.
- Administración autonómica: composta por todos aqueles organismos que xestionan competencias atribuídas total ou parcialmente ás rexións e nacionalidades de España ((artigos 137 e seguintes da CE).
- Administración local: comprende as competencias transferidas a municipios, deputacións provinciais ou forais e cabildos insulares (artigos 140 e seguintes da CE).
A pluralidade de Administracións Públicas en España complétase coas Administracións non territoriais que desenvolven actividades concretas con potestades limitadas:
- Corporacións: Colexios profesionais, Cámaras de Comercio, Industria e Navegación, Confrarías de pescadores, Federacións deportivas, etc.
- Institucións: Fundacións públicas, Organismos Autónomos e Entidades Públicas Empresariais.
- Administracións independentes: Banco de España, Universidades, etc.