Forte de San Francisco de Lovelhe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: substitúo a ligazón rota ippar.pt por igespar.pt
m →‎Ligazóns externas: (en) correct links Igespar
Liña 25: Liña 25:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.monumentos.pt/scripts/zope.pcgi/ipa/pages/frameset?nome=ipa&upframe=upframe3&downframe=ipa.html Inventario do Patrimonio Arquitectónico (DGEMN)] {{pt}}
*[http://www.monumentos.pt/scripts/zope.pcgi/ipa/pages/frameset?nome=ipa&upframe=upframe3&downframe=ipa.html Inventario do Patrimonio Arquitectónico (DGEMN)] {{pt}}
*[http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/benscomproteccaolegal/detail/72564/ Forte de Lovelhe (Pesquisa de Património / IPPAR)] {{pt}}
*[http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/patrimonioimovel/detail/72564/ Forte de Lovelhe (Pesquisa de Património / IGESPAR)] {{pt}}


[[Categoría:Castelos e fortalezas de Portugal|San Francisco de Lovelhe]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Portugal|San Francisco de Lovelhe]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2010 ás 12:55

57' 00" N / 8° 44' 37" O_E_ 0°N 0°L / 41_57_00_N_08_44_37_W, 41° 57' 00" N / 8° 44' 37" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

San Francisco de Lovelhe
Sítio de Interesse Público
ConcelloVila Nova de Cerveira
Coordenadas41°57′06″N 8°44′31″O / 41.951749, -8.742041Coordenadas: 41°57′06″N 8°44′31″O / 41.951749, -8.742041
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalseiscentista (1642)
Estilo actual? (abandonado)
Estado actualPortugal
editar datos en Wikidata ]

O Forte de San Francisco de Lovelhe (en portugués Forte de São Francisco de Lovelhe, tamén denominado Forte de Azevedo, ou Forte de Lovelhe), é unha fortaleza ubicada en Lovelhe, no concello portugués de Vila Nova de Cerveira (distrito de Viana do Castelo).

Historia

A fortificación data da época da guerra da restauración portuguesa, integrante da liña defensiva que guarnecía a marxe esquerda do río Miño e o treito do litoral atlántico portugués. Iniciado en 1642, por orde do Xeneral e Mestre de Campo Francisco de Azevedo, formaba un conxunto coa Atalaia de Lovelhe e co castelo de Vila Nova de Cerveira, asediado en 1643. As obras rematáronse en 1663.

O forte estivo desguarnecido até mediados do século XVIII, malia que na época se consideraba que, non obstante as súas pequenas dimensións, tiña maiores potencialidades de defesa cá fortificación de Cerveira.

Da Guerra Peninsular á actualidade

En 1797 Rodrigo de Lencastre mandou reconstruír o forte, que unha década despois tería un papel importante na defensa activa da rexión fronte ás invasións da tropas napoleónicas durante a Guerra Peninsular. En 1809 unha explosión no interior do forte, provocada polo exército francés, destruíu grande parte da estrutura da casamata.

Despois deste evento, o forte de Lovelhe non volveu ser recuperado, permanecendo desde entón abandonado.

Na actualidade a Comunidade Intermunicipal do Val do Miño está a desenvolver un Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas do Val do Miño, con vistas á valorización e divulgación das fortificacións que constitúen o sistema defensivo da fronteira luso-galega, no cal se insere o Forte de São Francisco.

Características

Erguido conforme ós modelos e tipoloxías da arquitectura militar seiscentista, o forte presenta pranta pentagonal, sendo composto por cinco baluartes, catro de dimensións iguais, dispostos lateralmente dous a dous, e un quinto, maior, edificado na parede da porta de armas. En cada un dos ángulos dos baluartes foron dispostas garitas circulares.

Véxase tamén

Ligazóns externas