Organización Hidrográfica Internacional: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ro:Organizația Hidrografică Internațională |
m arranxiño |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:International Hydrographic Organization countries.PNG|370px|thumb|{{Lenda|#004080|Estados membros}} {{Lenda|#804000|Membros suspendidos}} {{Lenda|#800000|Aprobados, pero esperando |
[[Ficheiro:International Hydrographic Organization countries.PNG|370px|thumb|{{Lenda|#004080|Estados membros}} {{Lenda|#804000|Membros suspendidos}} {{Lenda|#800000|Aprobados, pero esperando entrar como membros}} {{Lenda|#008000|Solicitude en curso}} Datos de [[2006]].]] |
||
A '''Organización Hidrográfica Internacional''' (en [[idioma inglés|inglés]] ''International Hydrographic Organization'', en [[idioma francés|francés]] ''Organisation hydrographique internationale'') é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de [[hidrografía]], establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970. |
A '''Organización Hidrográfica Internacional''' (en [[idioma inglés|inglés]] ''International Hydrographic Organization'', en [[idioma francés|francés]] ''Organisation hydrographique internationale'') é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de [[hidrografía]], establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970. |
Revisión como estaba o 6 de xuño de 2010 ás 12:02
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.
A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
Obxectivos
É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:
- Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
- Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
- Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos.
- Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.