David Brewster: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:
[[Categoría:Personalidades da física|Brewster, David]]
[[Categoría:Personalidades da física|Brewster, David]]


[[ar:ديفيد بروستر]]
[[da:David Brewster]]
[[da:David Brewster]]
[[de:David Brewster]]
[[de:David Brewster]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2010 ás 16:09

David Brewster


David Brewster, nado en 1781 e finado en 1868, foi un científico escocés.

Traxectoria

Naceu en Jedburgh, fillo dun mestre de escola. Aos 12 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar teoloxía, aínda que xa nesa época amosaba grande inclinación polas ciencias naturais. A partir de 1799 comeza a estudar a difracción da luz, os resultados das súas investigacións vainas publicando en Philosophical Transactions e noutras publicacións científicas.

Estableceu as leis da polarización por reflexión e refracción, estableceu as leis da reflexión metálica e realizou numerosos experimentos sobre a absorción da luz. En 1816 inventou o caleidoscopio. Brewster contribuíu á Edinburgh Encyclopaedia e á 7ª e 8ª edicións da Encyclopædia Britannica.