Muralla de Hadrián: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: is:Hadríanusarmúrinn
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:


*[http://www.europebybike.org/Espanol/muro-de-hadriano.html Información xeral sobre o Muro de Hadrián e como recorrelo en bicicleta] (en español)
*[http://www.europebybike.org/Espanol/muro-de-hadriano.html Información xeral sobre o Muro de Hadrián e como recorrelo en bicicleta] (en español)
* [http://www.hadrianswallcountry.org/default.asp A zona da Muralla de Hadrián] (en inglés)
*[http://www.hadrianswallcountry.org/default.asp A zona da Muralla de Hadrián] (en inglés)




[[Categoría:Historia militar de Roma Antiga]]
[[Categoría:Historia do Reino Unido]]
[[Categoría:Historia do Reino Unido]]
[[Categoría:Imperio Romano]]
[[Categoría:Imperio Romano]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade]]
[[Categoría:Murallas|Hadrián]]


[[an:Muro d'Adrián]]
[[an:Muro d'Adrián]]

Revisión como estaba o 25 de abril de 2010 ás 19:23

Vista dos restos do Muro de Hadrián (limes britano) no norte de Inglaterra

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

Restos do Muro de Hadrián preto de Greenhead. A súa pedra foi reempregada durante anos nas construcións veciñas.
Localización dos muros de Hadrián e Antonino
Muro de Hadrián cerca de Housesteads

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino Pío, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".


Ligazóns externas