Abridor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Outros artigos: engado liigazón
retiro marcador
Liña 1: Liña 1:
{{illado}}
[[Ficheiro:Bottle Opener.jpg|thumb|right|Abridor sinxelo]]
[[Ficheiro:Bottle Opener.jpg|thumb|right|Abridor sinxelo]]
O '''abridor''' é un trebello metálico utilizado para abrir [[botella]]s retirando a [[chapa]]. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de [[panca]]. Pola súa gran utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de [[merchandising]], por exemplo, para envasadores de [[bebida]]s que incorporan o seu [[logotipo]] ou imaxe no mango.

Revisión como estaba o 14 de abril de 2010 ás 10:23

Abridor sinxelo

O abridor é un trebello metálico utilizado para abrir botellas retirando a chapa. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca. Pola súa gran utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising, por exemplo, para envasadores de bebidas que incorporan o seu logotipo ou imaxe no mango.

Tipos

Entre os diferentes tipos de abridor, pódense destacar:

  • O abridor de mango curto moi propio da hostelería pois pódese transportar no peto. O seu movemento é de atrás a adiante esixindo maior esforzo e habilidade ca os de mango longo. Tamén pode ser pregable combinado cun tirarrollas ou integrado nunha navalla suíza.
  • O abridor con cabeza arredondada cuxo movemento de apertura é de adiante a atrás. Por veces, combínase cun tirarrollas de ás.
  • O apegado a unha parede ou integrado nun recipiente que se emprega para recoller as chapas.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos