Conversa:Abridor

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fíxenme un lío nesta entrada co dicionario da Academia. Despois de volvelo a mirar vexo que non é o mesmo:

abridor: Instrumento para quitar as rollas e os tapóns das botellas. Tiroulle a rolla á botella co abridor. sin. sacarrollas. Preciso un abridor para quitar os tapóns as botellas.
sacarrollas: Utensilio consistente nunha espiral metálica rematada en punta, unida a un mango ou a unha panca, que se emprega para sacar as rollas das botellas. Vaime polo sacarrollas, que quero que probedes un bo albariño. sin. abridor.
Polo que se deduce que todo sacarrollas é un abridor pero non todo abridor é sacarrollas, xa que o sinónimo en abridor non está en toda a entrada, só na entrada que fai referencia á rolla--Xián (conversa) 14:25, 9 de maio de 2012 (UTC)