Caroline Lucretia Herschel: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Substitúo imaxe sen licenza por unha de Commons |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Image: |
[[Image:Caroline Herschel.jpg|thumb|Carolina Lucrecia Herschel]] |
||
'''Caroline Lucretia Herschel''' ([[1750]]-[[1848]]) foi unha famosa [[Astronomía|astrónoma]] |
'''Caroline Lucretia Herschel''' ([[1750]]-[[1848]]) foi unha famosa [[Astronomía|astrónoma]] |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
Morreu o [[9 de xaneiro]] de 1848. |
Morreu o [[9 de xaneiro]] de 1848. |
||
{{Commons|Caroline Herschel}} |
|||
== Ver tamén == |
== Ver tamén == |
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2006 ás 22:44
Caroline Lucretia Herschel (1750-1848) foi unha famosa astrónoma
Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Nacida o 16 de marzo de 1750 en Hanover (Alemaña), Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.
No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de George III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeño telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un Índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.
Voltou a Hanover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.
O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.
Morreu o 9 de xaneiro de 1848.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caroline Lucretia Herschel |