Corindón: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ug:ئاليۇمىن ئوكسىدى; cambios estética |
m bot Engadido: el:Κορούνδιο |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
[[da:Korund]] |
[[da:Korund]] |
||
[[de:Korund]] |
[[de:Korund]] |
||
[[el:Κορούνδιο]] |
|||
[[en:Corundum]] |
[[en:Corundum]] |
||
[[eo:Korundo]] |
[[eo:Korundo]] |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2010 ás 03:07
Corindón | |
---|---|
Corindón variedade rubí | |
Fórmula química | Al2O3 |
Clase | Óxidos |
Sistema cristalino | Romboédrico |
Cor | Incolora, vermella, azul, amarela, verde e parda |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 9 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,9-4,1 g/cm3 |
O corindón é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3 (contén un 53% de aluminio).
Aspecto
O corindón preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares, bipiramidales ou en forma de bocois.
Variedades de corindón
Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:
- Rubí, de cor vermella pola inclusión de átomos de cromo.
- Zafiro, de cor azul pola inclusión de ferro e titanio na súa composición.
Existen outras moitas coloracións (incolora, amarela, verde e parda) aínda que son moito menos características desde mineral.
-
Rubí
-
Zafiro
Lugares nos que se atopa
Podemos atopar corindón en xacementos de diversa natureza como en pegmatitas, en gneises, en mármores ou en peridotitas. Moito máis raro é atopalo en rochas volcánicas.
Tense atopado en forma detrítica nas areas no río Sil.
Usos do corindón
O corindón úsase basicamente en xoiería.
É ademais un axente abrasivo de grande efectividade cando é usado en sistemas para a preparación superficial do aceiro e traballos de grabado artístico en cristais, creando relieves con moita facilidade e incluso perforando o material. A altas presións pode cortar tamén o metal.
Pódese usar coma aditivo na elaboración do aceiro, otorgándolle características sobresalientes de maleabilidade.
Outros óxidos
Outros óxidos importantes son:
O rutilo, a magnetita e a casiterita.