Batalla de Camlann: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
outra imaxe
pequeno arranxo
Liña 5: Liña 5:


A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos ''Annales Cambriae'', onde se relata que tal disputa ocurreu no ano [[537]]:
A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos ''Annales Cambriae'', onde se relata que tal disputa ocurreu no ano [[537]]:
{{cita|Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt}}que traducido quere dicir: ''A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron''
{{cita|Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt}}
:(tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)


[[Image:Boys King Arthur - N. C. Wyeth - p306.jpg|thumb|left|O combate entre Artur e [[Mordred]], ilustrado por N.C. Wyeth]]
[[Image:Boys King Arthur - N. C. Wyeth - p306.jpg|thumb|left|O combate entre Artur e [[Mordred]], ilustrado por N.C. Wyeth]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2010 ás 21:16

"Como Mordred foi morto por Artur, e como aquel conseguiu ferir fatalmente a Artur", por Arthur Rackham

A Batalla de Camlann foi a batalla final do rei Arturo contra Sir Mordred, e nela o monarca foi ferido mortalmente. De acordo coas diferentes versions da mitoloxía artúrica, a batalla aconteceu en Somerset ou en Salisbury, Inglaterra. Algunhas fontes din que a batalla foi ocasionada por un soldado que, contrariando as ordes do seu xeneral, desenvaiñou a sua espada para matar unha serpe. Tras este sinal, os exércitos do rei Artur e de Sir Mordred saíron á batalla.

A contenda durou unha xornada enteira de loita, tras a cal o minguado e moi inferior en número exército de Artur derrotó as sanguinarias hordas de saxóns de Mordred. Ambos os dous líderes caeron ao final do día, pero Artur, segundo conta a lenda, foi trasladado aínda vivo a Avalon.

A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos Annales Cambriae, onde se relata que tal disputa ocurreu no ano 537:

Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt
(tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)
O combate entre Artur e Mordred, ilustrado por N.C. Wyeth

Na Historia Regum Britanniae o historiador galés Godofredo de Monmouth comenta tamén a batalla. Hai moitas probabilidades de que esta batalla acontecese, mais non se sabe quen foron os protagonistas reais. O lugar exacto da batalla tamén se descoñece, aínda que hai varias hipóteses. Un dos sitios é Queen Camel, en Somerset, cerca de Cadbury (identificado tamén co mítico Camelot). O río que flúe nos outeiros próximos é o Río Cam. Outros sitios máis ao norte son Birdoswald ou Castlesteads, perto da Muralla de Adriano (un dos cales leva o nome latino de Camboglanna). Outras localidades hipotéticas son o río Camel na fronteira de Cornualles, e o río Camlann en Eifionydd, Gales.


Para máis información