Baía de Alxeciras: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: nn:Gibraltarbukta |
m bot Engadido: no:Gibraltarbukta |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
[[he:מפרץ גיברלטר]] |
[[he:מפרץ גיברלטר]] |
||
[[nn:Gibraltarbukta]] |
[[nn:Gibraltarbukta]] |
||
[[no:Gibraltarbukta]] |
|||
[[pt:Baía de Gibraltar]] |
[[pt:Baía de Gibraltar]] |
Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2010 ás 13:32
A Baía de Alxeciras é unha baía situada no sur de España, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáeras, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.
As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Alxeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.
Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de Baía de Alxeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).
Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.
Polémicas
A baía de Alxeciras é escenario continuo de protestas de grupos ecoloxistas, os cales denuncian especialmente o denominado bunkering. Esta actividade consiste no traspaso de petróleo ou derivados deste dun barco a outro no mar. Producíronse nos últimos anos accidentes de gabarras destinadas a esta actividade, especialmente con destino a Xibraltar, que se traduciron en verteduras de fuel e outros derivados.
Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar.
Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesoros na Baía durante o ano 2007 que, segundo as autoridades españolas puideron expoliar xacementos arqueolóxicos subacuáticos de importancia.