Adolf Otto Reinhold Windaus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Adolfus Windaus
m Cambio categoría
Liña 10: Liña 10:
{{Nobel de Química}}
{{Nobel de Química}}


[[Categoría:Químico alemán|Windaus, Adolf Otto]] [[Categoría:Premio Nobel de Química|Windaus, Adolf Otto]]
[[Categoría:Químicos de Alemaña]] [[Categoría:Premio Nobel de Química|Windaus, Adolf Otto]]


[[ar:أدولف فينداوس]]
[[ar:أدولف فينداوس]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2009 ás 21:56

Adolf Windaus

Adolf Otto Reinhold Windaus (25 de decembro de 18769 de xuño de 1959) foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.

Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronno tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Freibourg ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veneno que se extrae da digitalis.

Voltou a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels 8futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizada. En 1901 retornou a Freibourg e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir doe 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en GÓttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora illado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descobriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitaminA actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descobrir a histamina.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Nobel de Química