Manuel Gómez Román: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
Do ano 1922 é o proxecto de ''Edificio José Pastoriza'' no Paseo de Alfonso XII.

Do ano 1922 é o proxecto de ''Edificio José Pastoriza'' no Paseo de Alfonso XII.

Do ano 1924 é o ''Antiguo Edificio de la Caja de Ahorros'' (hoxe Club de Xubilados de Caixanova) situado na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno.

Do ano 1924 é o ''Antiguo Edificio de la Caja de Ahorros'' (hoxe Club de Xubilados de Caixanova) situado na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno.

Do ano 1926 é o proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construcción do segundo do Círculo Mercantil.

Do ano 1926 é o proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construción do segundo do Círculo Mercantil.

Do ano 1929 é a Fábrica de conservas Bernardo Alfageme.

Do ano 1929 é a Fábrica de conservas Bernardo Alfageme.

Do ano 1931 é o Chalet Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4.

Do ano 1931 é o Chalet Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4.

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2009 ás 12:16

Edificio do Banco Pastor, Rúa Colón

Manuel Gómez Román, nado en Vigo en 1875 e finado na mesma cidade en 1964, foi arquitecto galego.

Traxectoria

Cunha fonda afección dende neno pola pedra labrada, comezou en Madrid a carreira de arquitecto pero logo abandonouna incitado polo seu temperamento bohemio, artístico e rebelde. Dedicouse daquela á construción e a dar clase de debuxo. Baixo a súa dirección erguéronse diferentes edificios, todos marcados polo galeguismo arquitectónico dada a súa fidelidade ós materiais e estilos do país. Na madurez, cando xa tiña realizada unha puxante obra de feitío persoal, rematou os estudos obtendo o título con corenta anos en moi poucas convocatorias. O seu labor esténdese por máis de dúas mil obras en diferentes vilas e cidades galegas nas que contribuíu na dirección ou nos planos. Colaborou tamén con debuxos artísticos e caricaturas na prensa galega e asemade publicou diversos traballos sobre as características da arquitectura galega.

Arquitectura e caracaterísticas

A súa opinión arquitectónica céntrase nos seguintes puntos:

• A centralidade de Compostela como norma no aspecto artístico, xa que a basílica compostelá resume as manifestacións culturais, resolve problemas construtivos e compendia expresións iconográficas.
• A esixencia dunha Escola de Arquitectura en Santiago de Compostela, cun plano de estudos no que se esixise un coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto.
• Aínda que o seu acento se atope rexamente vencellado ó pasado, pretendía actualizar e chegar á modernidade cun sinal propio de identidade.
• O aproveitamento dos abondosos materiais nobre que ofrece a terra galega, así coma das condicións de acertada pericia da man de obra (nomeadamente de canteiros), figura que pretendía recuperar e situar no lugar que lles corresponde.
• Completar os estudos que se teñen feito da propia arquitectura galega para incorporarse á modernidade da nova arquitectura sen necesidade dun mimetismo que consideraba evitable.

Obra na cidade de Vigo

Do ano 1906 é o proxecto para os Almacenes Simeón.
Do ano 1910 é a Casa para Enrique Mülder.
Do ano 1911 é a Casa del Pueblo para ó sindicato U.G.T.
Do ano 1912 é a Casa para Saturnino García na Plaza de Compostela nº 31, 32 e 33, con esquina a García Olloqui.
Do ano 1919 e 1923 o Banco de Vigo (hoxe sede do Banco Pastor), no cruce das rúas Colón e Policarpo Sanz.
Do ano 1920 é o edificio de Viviendas para Severino G. Besada, en Vigo e a Casa de Correos e Telégrafos. Praza de Compostela, Vigo.
Do ano 1921 as Viviendas para Vicente Coma situadas na rúa Urzáiz e o edificio de Viviendas para Manuel Millán na rúa Lepanto.
Do ano 1922 é o proxecto de Edificio José Pastoriza no Paseo de Alfonso XII.
Do ano 1924 é o Antiguo Edificio de la Caja de Ahorros (hoxe Club de Xubilados de Caixanova) situado na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno.
Do ano 1926 é o proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construción do segundo do Círculo Mercantil.
Do ano 1929 é a Fábrica de conservas Bernardo Alfageme.
Do ano 1931 é o Chalet Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4.
Do ano 1942 o edificio de vivendas de Pi y Margall, nº 119 e o edificio Arbones Vila, situado na rúa Murillo, nº 5.
Do ano 1951 é o proyecto de Ermita de A Guía. Vigo.

Obra na cidade de Lugo

Do ano 1925 é o Palacete de Santo Domingo, esquina San Marcos.
Do ano 1948 é o proxecto das Escolas Pedagóxicas da Granxa de Barreiros
Do ano 1950 son os proxectos do Colexio Fingoy, o chalet de Antonio Fernández López, e probablemente o chalet de Álvaro Gil Varela.
Do ano 1951 é o complexo industrial de Frigsa[Cómpre referencia].
Do ano 1957 é a ampliación do Museo Provincial de Lugo.

Referencias

Galería de imaxes