Xuventudes Socialistas de Galicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
|[[Image:logo xsg 2005.gif|thumb|Logotipo das Xuventudes Socialistas de Galicia]] |
|[[Image:logo xsg 2005.gif|thumb|Logotipo das Xuventudes Socialistas de Galicia]] |
||
|} |
|} |
||
'''Xuventudes Socialistas de Galicia |
'''Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG)''' é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Ainda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e é o referente na mocidade do [[Partido dos Socialistas de Galicia]] (PSdeG). |
||
As primeiras agrupacións locais de XSG surxen nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904. |
As primeiras agrupacións locais de XSG surxen nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904. |
Revisión como estaba o 30 de abril de 2006 ás 08:21
Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Ainda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e é o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).
As primeiras agrupacións locais de XSG surxen nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904.
Os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.
Os seus obxectivos son:
- Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construcción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
- Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
- Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualde, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
- Loitar contra todo tipo de explotación.
- A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedae de constante progreso.
- A plena emancipación da mocidade galega.
A actual secretaria xeral das XSG é Dolores Rodríguez Amoroso, nada en Lugo e estudiante de Dereito.