Conversa usuario:Xaimex

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Xaimex, grazas por cargar a imaxe da ría de Ferrol e grazas por incluir a información de licenza e de identificación da imaxe. Espero que continues moito tempo connosco e que disfrutes da colaboración coa Galipedia. Poño a continuación algúns enlaces onde podes obter información sobre este wiki, pero vista a edición da foto quizais xa os coñezas. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:01, 28 outubro 2005 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Xaimex. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:38, 6 decembro 2006 (UTC)

Re: Duda sobre licenzas de imaxe[editar a fonte]

Ola Xaimex. Hai dous camiños para confirmar a licenza da imaxe Image:Ivan Puentes Rivera.jpg. Están expostos nesta mensaxe a Breixo. Reproduzo aquí a mensaxe porque contén as ligazóns e aclaracións precisas:

"Grazas por subministrar como fonte o enderezo web, por desgraza o texto "Recurso fotográfico de uso libre" non é suficiente. Cómpre precisar a licenza para saber cales son os límites de uso da imaxe (debe permitir obras derivadas e uso comercial para poder publicarse na Galipedia). O resto do blog de Iván Puentes ten licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons dita licenza non é válida para a Galipedia por no permitir uso comercial , por exemplo Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 (marcador {{Cc-by-sa-2.5-es}}) valería. Naturalmente tamén vale que estea no dominio público pero debe indicarse na fonte de orixe porque a palabra "libre" no contexto das licenzas de imaxe é imprecisa (esa é a conclusión a que se chegou en Commons, o repositorio de imaxes da Wikipedia á vista de moitos casos que as imaxes dicían ser de uso libre e na realidade tiñan limitacións de uso). Unha vez máis grazas polo esforzo en aclarar a licenza."

En resumo consiste en que Iván Puentes clarifique a licenza no seu blog engadindo ao texto "Recurso fotográfico de uso libre" o verdadeiro uso que permite da imaxe por exemplo Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 ou Dominio Público (GFDL tamén sería válida). Outra opción é que desde o enderezo do blog Iván Puentes envíe un correo a permissions-commons en wikimedia punto org cos seguintes datos Commons:Modelos de mensaxes (mellor a versión en inglés a Commons:Email templates). A segunda opción é máis lenta, no caso da primeira (a de modificar o texto da foto no blog) en canto vexamos que se clarexaron os límites da licenza quitaremos o aviso na páxina de descrición da imaxe. Exemplo de textos válidos para Wikipedia (calquera deles):

  • Recurso fotográfico de uso libre. Licenza: Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/deed.gl)
  • Recurso fotográfico de uso libre. Licenza: GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html)
  • Recurso fotográfico de uso libre. Licenza: Dispoño mediante a presente que esta fotografía pertenza ao dominio público. Isto é válido internacionalmente. Concedo a calquera o dereito de empregar esta obra para o propósito que considere oportuno, sen condicións, agás aquelas que sexan requiridas pola lei.

Aproveito a ocasión para preguntarche polo usuario de Commons Xaime.equis, neste enlace poden verse as súas contribucións http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Special:Log&user=Xaime.equis Cargou dúas imaxes que foron borradas (paréceme, non estou completamente seguro, que unha delas era unha túa da ría de Ferrol de noite). Pensamos que alguén quixo suplantarte. Digo isto porque houbo un problema en Commons con alguén que andivo suplantando a outras persoas, publicando imaxes que non lle pertencían e creando unha chea de usuarios monicreque, foi bloqueado. A conta Xaime.equis aínda non, pero gustaríanos confirmar que non eres ti. De feito atopamos o rexistro da túa conta neste outro enlace.

Quedo a túa disposición para calquera aclaración que sexa precisa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:28, 14 xullo 2007 (UTC)