Masonaría: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: es:Francmasonería |
|
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 27 de xullo de 2009 ás 14:41
Francmasonería | |
Fundador | Hiram Abif |
Deidade Máxima | Gran Arquitecto do Universo |
Tipo | Esoterismo |
Nome de seguidores | Masóns ou francmasones |
Ramas | Masonería de York, Masonería Escocesa, Masonería Mixta, Dereito Humano, Rito de Menfis-Mizraim, Masonería Exipcia |
País con maior cantidade de masóns | Estados Unidos |
A Francmasonería ou masonería é unha organización autodenominada como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxias, que á súa vez poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Logia", "Gran Oriente" ou "Gran Priorado".
Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonería moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
A historia institucional da masonería presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonería, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxias, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- A masonería explicada
- Buscador masonería
- Textos sobre Masonería en Upasika.com
- Biblioteca masónica Rituais, catecismos, divulgacións.
- DELTA Podcast sobre masonería