Cleómenes I: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: pt:Cleômenes I |
m bot Modificado: hu:I. Kleomenész spártai király |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[es:Cleómenes I]] |
[[es:Cleómenes I]] |
||
[[fr:Cléomène Ier]] |
[[fr:Cléomène Ier]] |
||
[[hu:I. Kleomenész]] |
[[hu:I. Kleomenész spártai király]] |
||
[[it:Cleomene I]] |
[[it:Cleomene I]] |
||
[[ja:クレオメネス1世]] |
[[ja:クレオメネス1世]] |
Revisión como estaba o 17 de xullo de 2009 ás 10:09
Cleómenes I foi rei de Esparta, aproximadamente entre os anos 520 a.C. e 489 a.C..
Da familia dos Axíadas, sucedeu ao seu pai Anaxandridas II cara o ano 520 a.C. no trono de Esparta, e goberna conxuntamente co segundo rei, Demarato, ata 492 a.C.. A asociación dos dous soberanos é problemática pois Demarato frea a miúdo a Cleómenes.
Este afirma a primacía de Esparta ao intervir moitas veces nos asuntos internos de Atenas. No 510 a.C. axuda aos Alcmeónidas a derrubar a tiranía de Hipias pero tenta logo apoiar o partido aristocrático de Iságoras contra os demócratas liderados por Clístenes de Atenas. En dúas ocasións, en 507 a.C. e en 506 a.C. tenta, en van, poñer fin á experiencia democrática posta en marcha por Clístenes.
Logo da revolta dos Gregos de Xonia, négalle toda axuda de Esparta a Aristágoras, o tirano de Mileto. En 494 a.C. inflixe a Argos unha derrota en Sepeia, reforzando así o poderío espartiata no Peloponeso. En 492 a.C. expulsa a Demarato, quen se refuxia en Persia.
Morreu no ano 489 a.C.. Ao parecer suicidouse, en estado demente.
Tivo como filla a Gorgo, unha das mulleres máis célebres da Grecia Antiga.
Esparta | ||
---|---|---|
Segue a: Anaxandridas II |
Cleómenes I | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Axíadas |