Nauvoo, Illinois: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Nauvoo
Liña 8: Liña 8:
[[de:Nauvoo (Illinois)]]
[[de:Nauvoo (Illinois)]]
[[en:Nauvoo, Illinois]]
[[en:Nauvoo, Illinois]]
[[es:Nauvoo, Illinois]]
[[es:Nauvoo]]
[[fi:Nauvoo]]
[[fi:Nauvoo]]
[[fr:Nauvoo (Illinois)]]
[[fr:Nauvoo (Illinois)]]

Revisión como estaba o 13 de abril de 2009 ás 19:38

Nauvoo (נָאווּ "ser fermosa", Hebreo Sefardí Nåvu, Hebreo tiberiano Nâwû—pronunciación local [ˈnaʊvú]) é unha pequena cidade no condado de Hancock, no extremo oeste do estado de Illinois, Estados Unidos. Conta cunha poboación de 1,071 habitantes (censo actual) dos 20,121 habitantes do condado de Hancock,[1] Nauvoo atrae a un gran número de visitantes cada ano por razón do seu legado histórico-relixioso, tanto para membros da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e outros grupos derivados do movemento dos Santos dos últimos Días, e tamén polo feito de ter sido unha das notables comunidades utópicas icarianas estadounidenses. A súa proximidade ó río Mississippi engádelle elementos naturais peculiares do estado de Illionis.

A cidade foi fundada por Xose Smith (fillo), e nomeada por el do idioma hebreo Sefardí con ortografía anglosaxona, palabra que provén do libro de Isaías 52:7, «Can fermosos son sobre os montes ...!» O aspecto relixioso que dominaba o pasado de Nauvoo perdeu ímpetu hoxe en día, agora é unha rexión primordialmente produtora de viño, tendo o viñedo máis antigo do estado.[2] O código postal de Nauvoo é 62354.

Referencias

  1. Illinois Department of Commerce and Community Affairs (agosto, 2007). Nauvoo, Illinois - General Information (en inglés). Último acceso 25 de febrero, 2008.
  2. Nauvoo Tourism Office. Beautiful Nauvoo (en inglés). Último acceso 03 de febrero, 2008.