Tenzón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 12: Liña 12:
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]


[[cs:Tencóna]]
[[en:Tenso]]
[[fr:Tenson (chanson)]]
[[fr:Tenson (chanson)]]
[[it:Tenzone]]
[[it:Tenzone]]
[[ja:テンソ]]

Revisión como estaba o 8 de abril de 2009 ás 08:53

A tenzón ou tenção é un subxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograis e trobadores.

A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldizer.

Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.

Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.

Ligazóns externas