Diferenzas entre revisións de «Peto de ánimas»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
algunhas correccións
(algunhas correccións)
[[Ficheiro:Peto de animas de Cenlle.JPG|thumb|right|200px|Peto de ánimas. Nana parroquia de [[Cenlle, Cenlle|Santa María de Cenlle]], no concello de [[Cenlle]]]]
[[Ficheiro:Petoaguasantas.jpg|right|thumb|200px|Peto de ánimas en [[Aguasantas]]]]
Os '''petos de ánimas''' atópanse en camiños e encrucilladas de toda [[Galicia]], e son unha das manifestacións materiais do culto aos [[morto]]s, da devoción polas ánimas. Galicia é un [[pobo]] profundamente relixioso, sentimento herdado dos seus antepasados e afincado en tradicións de santos repartidos por toda a nosa [[terra]]. É xeral a crenza en milagres, pequenos e grandes, e para todo se pide o favor do Ceo.
==Significado==
[[Ficheiro:Peto Bora.jpg|thumb|left|200px|Peto de ánimas en [[Bora]]]]
O seu significado venvén da crenza dana continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), está moi arraigadoarraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer [[esmola]]s para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.
 
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de [[Famelga, Aguasantas, Cotobade|Famelga]] de [[Aguasantas]] ([[Cotobade]]) lese textualmente: "''Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...''". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "''Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos''". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "''Rogad por nos -, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos''".
 
==Orixe==
A idea do [[purgatorio]], aumentada e revitalizada a partir do [[Concilio de Trento]] ([[século XVI]]), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, na [[Galicia]] é no [[século XVIII]] cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao [[século XVII]].
 
==Localización e dimensióndimensións==
As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do [[país]], e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá,. deDe aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.
 
Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo, ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro, etc.
 
==O culto aos petos de ánimas==
Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo, pois hai que telas sempre presentes. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.
 
[[Categoría:Escultura relixiosa de Galicia]]
58.568

edicións

Menú de navegación