Circuíto urbano de Valencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Frybot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Categoría:Fórmula 1
Liña 61: Liña 61:
* [http://maps.google.é/maps/ms?hl=é
* [http://maps.google.é/maps/ms?hl=é


[[Categoría:Fórmula 1]]
[[Categoría:Circuítos de Fórmula 1]]


[[de:Valencia Street Circuit]]
[[de:Valencia Street Circuit]]

Revisión como estaba o 25 de decembro de 2008 ás 20:00

Esquema do circuíto
Esquema do circuíto

O circuíto de Valencia será un circuíto de carreiras urbano de Fórmula 1. Empezouse a construír en outubro de 2007 na cidade de Valencia e acollerá o Gran Premio de Europa a partir de 2008. O primeiro GP de Europa valenciano disputarase o 24 de agosto[1].

Terá unha lonxitude duns 5.400 metros, que percorridos a unha media de 201,3 km/h con máxima de 323,3 km/h[2]. e mínima de 95 km/h, percorrerase en 1 minuto e 37 segundos. Das suas 25 curvas, 11 serán á esquerda e 14 á dereita.,

O circuíto

O circuíto urbano de Valencia transcorrerá pola zona do Grao, exactamente, rodeará a dársena interior do porto da cidade e pola nova reordenación urbana do barrio de Nazaret que será construído entre as vías do ferrocarril, a antiga canle do Turia e do porto. O trazado terá 5.473 metros de lonxitude e a media de anchura do circuíto será de 14 metros.

Os boxes e a recta de meta atoparanse no tinglado número 4 do porto. O trazado do circuíto seguirá rodeando a dársena en sentido das agullas do reloxo pola via perimetral ata chegar ao "Guindastre Cabria" onde se achega ao cantil do porto. O trazado, a continuación, atravesa o paseo do Foredek cheo de palmeiras para pasar á chaira previa á Mariña Norte, alí cunhas cantas curvas "lentas" achéganse perpendicularmente á canle de acceso á dársena para cruzalo a través dunha ponte xiratoria.

Unha vez pola Mariña Sur, o trazado discorre cerca do peirao seguindo a curva que este describe, para penetrar por onde actualmente se atopa a ponte levadiza, xa pegado ao muro que separa a mariña de lecer do porto comercial.

Tras pasar xunto á lonxa de pescadores o trazado afástase da dársena pola porta de Estaleiros, enfilando directo cara á ponte do mesmo nome, pero antes de chegar onde el, xira á dereita 90º para penetrar na nova zona urbana do Grao que se atopa en construción a día de hoxe. Aquí, o trazado bordea a antiga canle do río Turia ata chegar á vía do ferrocarril, onde cunha curva en pinza pasa xunto ao cemiterio do Grao e diríxese cara ao norte a buscar a prolongación da avenida de Francia.

Ao chegar a esta nova avenida discorre pola súa calzada dereita, cruza a glorieta que no futuro servirá de unión deste barrio co de Moreras, e transita por un xogo de curvas en "S" que sortea algúns edificios aínda en uso existentes pola zona. Finalmente, pasa a avenida Enxeñeiro Manuel Soto e cun xiro a esquerdas entra de novo na recta de saída, xa dentro do porto e preto da dársena.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Valencia

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
2008 Brasil Felipe Massa Italia Ferrari 1:35:32,339 h 5,440 km 57 194´735 km/h 24. Agosto Europa Europa

Referencias

1. Informativos Telecinco. O GP en Valencia disputarase o 24 de agosto

2. En Valencia alcanzaranse os 323 km/h, elmundo.es

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Sitios oficiais

Sitios non oficiais

  1. referencia, citación ou ligazón
  2. referencia, citación ou ligazón