Editorial Calpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de outubro de 2016 ás 21:10 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (tradución manual de es:Editorial Calpe)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas (CALPE) foi unha empresa editora española fundada por Nicolás María de Urgoiti en xuño 1918. Funcionou ata decembro de 1925 cando se fusionou coa Editorial Espasa para formar a Editorial Espasa-Calpe.

Tivo como asesores a Manuel García Morente como director da Colección Universal, José Ortega y Gasset da Biblioteca de Ideas do Século XX, Manuel Bartolomé Cossío, Dantín Cereceda e Santiago Ramón y Cajal. Para o seu catálogo xeral de 1923 presentou aproximadamente 1.300 títulos, dos que 600 eran de contido científico e literario.

Publicou o Diccionario del español hablado en ambos mundos (1918), baixo a edición de Ramón Menéndez Pidal.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas