Serafín Moralejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de febreiro de 2014 ás 21:25 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Serafín Moralejo Álvarez''', nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da art...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria.[1]

Traxectoria

Fillo do latinista Abelardo Moralejo Laso, estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.

Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.

Foi o primeiro español en ocupar unha cátedra na Universidade Harvard.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas