Revista de Galicia (1841)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revista de Galicia
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 3967
editar datos en Wikidata ]

Revista de Galicia, foi un periódico semanal publicado en Santiago de Compostela de 1841 a 1842.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Periódico de ciencias, literatura y artes, apareceu en outubro de 1841. Dirixido por Manuel Rúa Figueroa, foi continuación de El Iris de Galicia. Entre os seus redactores estaban Benito Amor Labrada, Francisco Navarro Villoslada e José María Gil Rey. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer. Cesou en xaneiro de 1842.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]