Emancipación (Pontevedra)
Aparencia
| Emancipación | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Emancipación foi un periódico editado en Pontevedra entre 1902 e 1903.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico quincenal. Órgano de la Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas, apareceu en Pontevedra en setembro de 1902. De ideoloxía socialista, reflectiu o devir da experiencia de actuación unitaria do obreirismo co agrarismo das terras circundantes. Estaba dirixido por Francisco López. Informou das folgas que se sucedían naquela época en todo o país. Desapareceu non antes de febreiro de 1903.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freán Hernández, Óscar (2013). A revolución escrita. A prensa obreira galega (1866-1936). Villeurbanne: Editions Orbis Tertius. p. 137. ISBN 978-2-36783-004-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.