Carlos Pérez Fachal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 18 de agosto de 1936 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carlos Pérez Fachal, nado en Ferrol cara a 1903 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Electricista da construción naval. Dirixiu o semanario Renovación. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no Arsenal. O 18 de agosto, xunto con outros trece detidos foi levado pola policía e os falanxistas ao Monte San Felipe, onde foron asasinados coa desculpa da aplicación da "lei de fugas".