Carlomán, fillo de Carlos Martel
Nome orixinal | (la) Carloman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 710 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 17 de agosto de 754 (43/44 anos) Vienne, Francia |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Abadía de Montecassino 41°29′24″N 13°48′50″L / 41.49, 13.8139 |
Mordomo do palacio Austrasia | |
741 – 747 ← Carlos Martel – Drogo (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de agosto |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Arnulfianos |
Fillos | Drogo, Chrothrudis |
Pais | Carlos Martel e Rotruda de Tréveris |
Irmáns | Bernardo Grifo Pipino III o Breve Remígio de Ruão Jerônimo Hiltruda Auda de França Landrada |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Carlomán, nado en 707 e finado o 17 de agosto de 754, foi un mordomo de palacio (soberano) do reino de Austrasia entre 741 e 747. Retirado, fíxose monxe bieito. É venerado como santo pola Igrexa católica.
Biografía
[editar | editar a fonte]Era o fillo máis vello do mordomo de Neustria e Austrasia, Carlos Martel, e de Rotruda (695-724). No 741, á morte do seu pai, herdou Austrasia, Suabia e Turinxia, onde gobernou como mordomo (ou xefe do goberno), sen querer tomar o título de rei. Loitou contra o ducado de Aquitania, os alamáns, os bávaros e os saxóns, aos que derrotou.
Promoveu, influído por San Bonifacio de Fulda, que se puxo baixo a súa protección, entre 742 e 744, unha política de reforma moral dos costumes do clero e de respecto polo patrimonio da Igrexa e as sés episcopais.
En 747, renunciou ao poder e fíxose relixioso. Reuniuse co papa Zacarías I e pediulle poder pasar no estado clerical, e retirouse á abadía beneditina de Montecasino, deixando o poder ao seu irmán Pipino o Breve, cos seus títulos e posesións.[1]
En 751 quixo intervir para impedir a coroación do seu irmán como rei dos francos, pero o papa conseguiu detelo na Provenza e obrigouno a volver a Montecasino. O 753 foi enviado a Francia a unha misión de paz e morreu en Viena do Delfinado o 754. Foi sepultado na abadía de Montecasino.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Carlomán tivo un fillo:
- Drogón (? - can.753), mordomo de palacio de Austrasia, asociado ao seu pai; logo de 747 foi enviado a un mosteiro polo seu tío Pipino o Breve.
Veneración
[editar | editar a fonte]Foi venerado pola Igrexa, e figura como santo en varios martiroloxios antigos. Non tivo un proceso de canonización formal, e outros santorais lístano como beato ou venerábel.