Ignacio García Mallo
Mallo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ignacio García Mallo | ||
Nacemento | 20 de febreiro de 1960 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Alerta | |||
–1978 | Traviesas | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1978–1980 | Gran Peña | 51 | (0) |
1980–1983 | Compostela | 94 | (0) |
1983–1988 | Mallorca | 73 | (0) |
1988–1989 | Cultural Leonesa | 25 | (0) |
1989–1990 | Ceuta | 21 | (0) |
1990–1991 | Córdoba | 40 | (0) |
1991–1993 | Ourense | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ignacio García Mallo, coñecido simplemente como Mallo, nado en Vigo o 20 de febreiro de 1960, é un exfutbolista galego, que xogaba como porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras militar nos equipos xuvenís do Alerta e do Traviesas,[1][2] xogou durante dúas tempadas co Gran Peña na Terceira División, antes de fichar en 1980 polo Compostela, de Segunda División B.[3] Foi titular durante tres tempadas no equipo santiagués, ás ordes de José López nas dúas primeiras e de Carrió na última, sendo o gardameta elixido por diante doutros como Carlos ou Dosi, e converténdose nun dos mellores porteiros da categoría.[3]
A finais da tempada 1982/83 foi traspasado ao Mallorca, da Segunda División, debutando na categoría da man de Lucien Muller na derradeira xornada ante o Real Madrid Castilla, partido no que o equipo balear certificou o seu ascenso á Primeira División. Na seguinte campaña competiu co vasco Zubeldia pola titularidade, debutando na máxima categoría na 12ª xornada, con Serra Ferrer como técnico. Foi nun partido ante o Real Madrid no estadio Lluís Sitjar, no que recibiu dous goles de Santillana e Gallego, perdendo o seu equipo por 0-2.[4]
O Mallorca acabou descendendo ao remate da tempada, pero conseguiu subir de novo a Primeira na 1985/86. Mallo permaneceu durante seis anos no club, acumulando 102 partidos, 23 deles na máxima categoría. Posteriormente militou na Segunda División B, vestindo as camisetas da Cultural Leonesa, o Ceuta, o Córdoba e o Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costa, Juan A. (5 de marzo de 1977). "El portero". El Pueblo Gallego (en castelán) (19977). p. 21. Consultado o 10 de xuño de 2023.
- ↑ "Mallo, un portero codiciado". El Pueblo Gallego (en castelán) (20382). 21 de xullo de 1978. p. 19. Consultado o 10 de xuño de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Mallo será probado por el At. de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 1981. p. 30.
- ↑ "El Mallorca no pudo nunca con el Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 1983. p. 20.