Saltar ao contido

Mariví Monteserín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariví Monteserín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Boal, España Editar o valor en Wikidata
Mayor of Avilés (en) Traducir
2015 –
← Pilar Varela (en) Traducir
Deputada de España
7 de decembro de 2011 – 22 de xuño de 2015 – Rosa María Cañizares Cabezas →

Circunscrición electoral: Asturias

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Asturias

Deputada de España
29 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Asturias

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

María Virtudes Monteserín Rodríguez, coñecida como Mariví Monteserín, naceu o 19 de maio de 1959 en Boal (Asturias). É deputada do Partido Socialista Obreiro Español no Congreso de Deputados dende 2004 e formou parte da VIII, IX e X lexislaturas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa primeira responsabilidade política foi como concelleira socialista no Concello de Avilés en 1983 corporación á que pertenceu durante 16 anos, até 1999.[2] Tamén foi tenente de alcalde deste concello entre 1988 e 1995.

No 2000 concorreu ás eleccións na candidatura socialista ó Senado pero non resultou elixida.[3]

No 2004 é elixida deputada por Asturias e participa na tramitación da Lei Integral contra a Violencia de xénero que defende como voceira do Grupo Parlamentario Socialista en materia de Igualdade no Pleno do Congreso o día da súa aprobación o 22 de decembro de 2004 e da Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes aprobada en marzo de 2007.[4] En marzo de 2008 pasa a formar parte da cúpula directiva do PSOE no Congreso de Deputados ó ser nomeada voceira adxunta do PSOE no Congreso, ás ordes de José Antonio Alonso Suárez e Ramón Jáuregui.[5]

Na X Lexislatura iniciada en 2011, Monteserín asume a portavocía do PSOE da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.[6]

En outubro de 2014 gañou as primarias do PSOE en Avilés como candidata en substitución da antiga alcaldesa, Pilar Varela, quen decidiu non repetir á fronte do cartel socialista na cidade.[7]

  1. "Ficha Congreso de Diputados". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  2. "Mariví Monteserín, toda una vida". Diario La Nueva España. 13 de marzo de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  3. "Mariví Monteserín anuncia su candidatura a las primarias socialistas en Avilés". Diario El Comercio. 18 de setembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  4. "Video de la Intervención en el Pleno del Congreso". 22 de decembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  5. "Mariví Monteserín nueva Portavoz Adjunta del PSOE en el Congreso". Diario el Comercio. 26 de marzo de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  6. "Ficha Congreso de los Diputados". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  7. "Mariví Monteserín será la candidata del PSOE en Avilés". Diario El Comercio. 19 de outubro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2015.