Manuel Carracedo Balsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Carracedo Balsa
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Camariñas, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (22/23 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Carracedo Balsa, nado en Camariñas cara a 1913 e finado na Guarda o 23 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño da Ponte do Porto. Directivo do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Ramón Carballo Tajes e Andrés Balsas Vello. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Foi paseado o 23 de setembro de 1936 e o seu cadáver apareceu xunto co de Andrés Balsas nas inmediacións do cemiterio da Guarda[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fosa común". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]